O Diario de Greg 2. Rodrick é o amo

Mellor non preguntarlle a Greg Heffley que tal lle foron as vacacións do verán, porque non quere nin que lle amenten o asunto.

Tanto é así que comeza o novo curso sen máis desexo ca esquecer os últimos tres meses da súa existencia, en particular certo acontecemento...

Por desgraza para Greg, o seu irmán máis vello, Rodrick, sábeo todo sobre ese incidente que el desexa soterrar para sempre xamais. Ende mal que os segredos sempre acaban saíndo á luz... sobre todo se hai un diario polo medio!

OS LECTORES TOLEAN POR GREG!

o supervendas internacional que fai rir no mundo enteiro.

Comprar el libro:

¡Búscalo también en tu librería más cercana!

  • Compartir: